A cinta está protagonizada por Nerea Barros, Dario Grandinetti, Aitor Luna, Victoria Teijeiro, Ana Oca, Milo Taboada e Celso Bugallo. O filme está inspirado en feitos reais, no afundimento do buque Santa Isabel fronte ás costas da coruñesa illa de Sálvora en 1921.
O traballo é unha coprodución entre a compañía galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. E conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio da Agadic, o Goberno vasco, o ICAA, o INCAA arxentino, o ICA luso, o programa Ibermedia, o Concello de Ribeira e a Deputación da Coruña. Da súa distribución nacional e internacional ocúpase Filmax.