A memoria solar de Luz Pozo

Dez voces recitan versos da escritora, que tamén é traducida ao inglés

Luz Pozo, xunto a un retrato da súa nai, na súa casa da Coruña en abril do 2017
Luz Pozo, xunto a un retrato da súa nai, na súa casa da Coruña en abril do 2017

redacción / la voz

Memoria solar é o título do libro que no 2004 recolleu a poesía que escribira ata entón Luz Pozo Garza, falecida o pasado mes de abril. Unha memoria, a da súa obra e a da súa figura, que mantén vivo ese fulgor cada vez que os seus versos volven a ser presente, ben lidos, ben recitados.

Isto é o que propón un especial do Consello da Cultura Galega, o goce co sentido da vista e do oído da poesía de Luz Pozo. Dous son os feitos que impulsan esta homenaxe: o aniversario da escritora, nacida un 21 de xullo, e a atención que a revista Asymptote dedica á poesía contemporánea galega. O monográfico da publicación, unha das principais en liña, inclúe unha escolma de poemas de oito autores galegos, traducidos ao inglés. Os escritores son Manuel Rivas, Chus Pato, Gonzalo Hermo, Eva Veiga, Alba Cid, Lara Dopazo, Ismael Ramos e a propia Luz Pozo. Os seus versos foron traducidos por Jacob Rogers, Jonathan Dunne, Lrona Shaughnessy, Kathleen March, Laura Cersarco Eglin, Erin Moure, Neil Anderson, Harriet Cook e Patrick Loughnane.

Moitas destas obras poden escoitarse nas voces dos seus propios creadores. Porén, Luz Pozo non puido prestar a súa voz á iniciativa, motivo polo cal o Consello convidou a autores e amigos da escritora a que reciten a escolma que publica Asymptote. Trátase de Xosé María Álvarez Cáccamo, Yolanda Castaño, Xavier Seoane, Gonzalo Vázquez Pozo, Olivia Rodríguez, Eva Veiga, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xesús Alonso Montero, Carmen Blanco e Kathleen March, esta última, tradutora dos versos ao inglés.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A memoria solar de Luz Pozo