Pepe Peinó gaña por unanimidade o premio Balbino de relatos

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

A novela aborda o despoboamento e a desaparición da cultura rural

01 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

José Vázquez Peinó, coñecido literariamente como Pepe Peinó, vén de gañar a quinta edición do premio Balbino de relatos. A obra presentada baixo o título de Bica de Montouto foi declarada gañadora de xeito unánime polo xurado, quen destacou «a forza telúrica dunha historia sobre o despoboamento rural e a desaparición dun mundo que se esfarela». O galardón está dotado con 1.500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza.

A historia que narra Bica de Montouto está protagonizada por catro anciáns que deciden unir forzas e crear unha pequena industria artesanal. O xurado subliñou tamén a súa calidade lírica e sensorialidade, para acadar un conxunto que é «o canto melancólico dun mundo que se vai» pero que non se resiste a un fermoso canto de cisne.