«O Aturuxo», a primeira publicación de gais e lesbianas de Galicia, dispoñible na Rede

Tivo unha duración de catro números, que se difundiron entre xaneiro e xuño do 1981


redacción / la voz

O Aturuxo, aparecida en 1981, foi a primeira publicación periódica do colectivo de gais e lesbianas en Galicia. Tivo unha duración de catro números, que se difundiron entre xaneiro e xuño dese ano e que, lidos coa perspectiva de hoxe, permiten seguir as actividades dos movementos a prol da diversidade en Galicia, así como en España e outros países.

O Consello da Cultura Galega vén de difundir na Rede estes catro números da revista, elaborada pola Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia. Está dispoñible en A Saia, a hemeroteca feminista galega do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello. Forma parte das diversas actividades que ten previsto co gallo da celebración do vindeiro Día do Orgullo, o 28 deste mes.

Entre os contidos dos números de O Aturuxo inclúense novas sobre accións e reivindicacións a prol da liberdade sexual nos ámbitos social e organizativo, particularmente as que levan a cabo as organizacións galegas. Tamén recolle denuncias por homofobia e contra a moral sexual heteronormativa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«O Aturuxo», a primeira publicación de gais e lesbianas de Galicia, dispoñible na Rede