Un acto na catedral de Santiago honrará ao arquitecto Domingo de Andrade o 12 de novembro
CULTURA

A Academia de Belas Artes prolonga ao 2021 as celebracións do Día das Artes Galegas
03 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.A Real Academia Galega de Belas Artes decidiu prorrogar ao ano 2021 as celebracións do Día das Artes Galegas, que nesta ocasión está dedicado ao arquitecto Domingo de Andrade. A institución tomou a decisión debido á imposibilidade de seguir adiante coas datas do programa previsto, afectado pola crise do coronavirus. Dada a importancia da figura de Domingo de Andrade nos ámbitos internacional e galego do Barroco, e coa fin de non deslucir a súa homenaxe e poder desenvolver toda a programación de maneira correcta, a Academia acordou esta resolución, informou o seu presidente, Manuel Quintana Martelo. A entidade tamén comunicou que o vindeiro 12 de novembro, coincidindo co aniversario da morte do arquitecto, celebrarse un acto na catedral de Santiago para lembrar a súa figura e o esplendor da súa obra. Asemade, entre os días 16 e 19 do mesmo mes celebraranse diversos actos en Cee, lugar de nacemento do homenaxeado, organizados polo Concello coa participación da Academia.
Domingo de Andrade deixou obras notables como o Pórtico Real e a torre do reloxo da catedral de Santiago, así como a Casa da Conga, e outras intervencións nas catedrais de Lugo e Ourense, entre outros templos.