O escultor Buciños, premio Trasalba 2020 da Fundación Otero Pedrayo

A entrega do galardón ao artista de Carballedo estaba prevista para xuño, pero a situación sanitaria obrigará a adiala

O escultor Manuel Buciños nunha homenaxe ao intelectual Rodolfo Prada celebrada nos Peares no 2018, xunto a unha escultura do homenaxeado realizada polo artista de Carballedo
O escultor Manuel Buciños nunha homenaxe ao intelectual Rodolfo Prada celebrada nos Peares no 2018, xunto a unha escultura do homenaxeado realizada polo artista de Carballedo

ourense / la voz

O escultor galego Manuel Buciños foi galardoado co Premio Trasalba, que concede anualmente a Fundación Otero Pedrayo. Así o decidiu este venres a comisión executiva da fundación nunha reunión telemática, e despois dunha fonda reflexión sobre se era pertinente fallar o premio nas circunstancias actuais. «Maioritariamente pensouse que nestes tempos de desacougo e dó as institucións coma a nosa deben tratar de continuar o seu esforzo de servizo á colectividade», sinalou a fundación nun comunicado.

Buciños é un dos principais renovadores da arte en Galicia. Nado en Carballedo (Lugo), afincouse en Ourense hai anos e tomou o seu nome artístico da súa aldea. O premio outórgase a persoas dedicadas á cultura galega. Esta XXXVIII edición do Premio Trasalba debía entregarse no mes de xuño, o sábado máis próximo ao día de San Pedro, pero a situación sanitaria fai que se teña que adiar a celebración, aínda sen data concreta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O escultor Buciños, premio Trasalba 2020 da Fundación Otero Pedrayo