«Tristes armas», de Marina Mayoral, acada a 30.ª edición

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

A escritora Marina Mayoral
A escritora Marina Mayoral MARCOS MÍGUEZ

A obra leva 19 edicións en castelán e foi traducida ao portugués, polaco e inglés

16 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Edicións Xerais vén de publicar a 30.ª edición de Tristes armas, unha obra de Marina Mayoral, aparecida por vez primeira en 1994. A versión castelá do libro tamén leva ás súas costas un número notable de edicións, xa que acadou a número 19. A obra está traducida ao portugués, o polaco e o inglés.

Trátase dunha visión distinta, profundamente humana, da Guerra Civil e das súas consecuencias entre os que non combateron a través de historias como a de dúas nenas exiliadas en Rusia, dos amigos que se atopan nos bandos opostos, unha muller loitadora e un carteiro namorado. Porque, sobre todo, Tristes armas é unha historia de amor.