Unha «Rosa de abril» coa Filharmonía

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Os músicos da orquestra interpretan dende a súa casa a versión de Andrés Gaos dun poema de Rosalía de Castro

30 abr 2020 . Actualizado a las 15:54 h.

Os músicos e o persoal da Real Filharmonía de Galicia sumáronse ás iniciativas para paliar os efectos da crise do coronavirus con #RFGquedanacasa, unha serie de vídeos con mensaxes de agradecemento a todas as persoas que traballan en primeira liña en combater a pandemia. Ademais, os intérpretes e o seu director titular, Paul Daniel, queren contribuír a levantar o ánimo no estado de alarma achegando a música aos fogares dun xeito divertido e próximo.

Este xoves, derradeiro día de abril, comparten a canción Rosa de abril, coa mezzosoprano Marta Infante. Trátase da adaptación dun poema de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, ao que puxo música Andrés Gaos e que no 2018 foi orquestrada por Joam Trillo.