A arqueoloxía estrea os «Diálogos confinados» do Consello da Cultura

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

Vistas da escavación do castelo de Rocha Forte, en Santiago
Vistas da escavación do castelo de Rocha Forte, en Santiago BEA OTERO

A Academia de Belas Artes convida ao envío de creacións culturais para unha exposición virtual

28 abr 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Diálogos confinados é o nome dun proxecto do Consello da Cultura Galega que nace co obxectivo de tomarlle o pulso ao sector cultural en tempos de illamento. Cada luns, distintos profesionais de diferentes eidos conversarán dende as súas casas para facer unha radiografía da cultura a partir dos seus puntos de vista e demandas.

A iniciativa estréase coa arqueoloxía, coa participación de Francisco Alonso Toucido, que traballou en múltiples proxectos de arqueoloxía comercial vinculados a obras públicas e privadas, e María José Bóveda Fernández, que participou, entre outros, en escavacións de xacementos como o túmulo 1 de Chousa Nova, en Silleda, ou o castelo de Rocha Forte en Santiago. Estiveron moderados por Manuel Gago.

 Creacións

Pola súa banda, a Academia Galega de Belas Artes abriu unha sección na súa web baixo o epígrafe Arte con fin arte. É un apartado dedicado a aqueles creadores que queiran facer chegar unha foto, un vídeo, unha mensaxe de voz, poema ou breve texto da súa autoría, inspirada no couto de liberdades que supón o confinamento. Este material, unha vez revisado, pasará a constituír un xeito de exposición virtual. O enderezo para os envíos é info@academiagalegabelasartes.gal.