Fortunato Cruces, o xornalista da emigración

Tamara Montero
Tamara Montero SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

O Consello da Cultura amplía a súa colección Clásicos da emigración con Cousas gallegas, unha compilación de poemas, discursos e outros materiais publicados en 1923

04 abr 2020 . Actualizado a las 19:47 h.

Naceu en Dodro e con só 15 anos emigrou á Arxentina, onde se converteu en xornalista e avogado e colaborou en numerosas publicacións, pero foi pero en Nova Galicia onde foi artífice e intérprete da imaxe da colectividade galega e de Galicia perante a sociedade arxentina, unha colectividade que non deixou de medrar entre 1890 e 1930. A colección Clásicos da Emigración, que editan o Consello da Cultura e a Secretaría Xeral de Emigración dedica o seu terceiro volume a Fortunato Cruces, xornalista, avogado e home populacheiro, achegado á mentalidade do inmigrante do común, pero sen descoidar o trato coas elites. 

A través da Internet acaba de publicarse Cousas gallegas, a edición facsímil da compilación de poemas, discursos e outros materiais que Cruces publicou en 1923. O estudo introdutorio que acompaña a cada unha das obras da colección foi realizado nesta ocasión polo profesor Xosé Manoel Núñez Seixas, que define a Cruces como un autor que representou un modelo de traxectoria profesional de éxito como li?der e?tnico.

Ademais de pór a disposición do público a descarga deste terceiro volume, o Consello da Cultura vén de publicar a entrada correspondente a Fortunato Cruces no Álbum de Galicia, e permite consultar diversos números de Nova Galicia, o xornal que dirixiu e que tivo bastante repercusión en Arxentina.