Concepción Arenal, de viva voz

Tamara Montero
Tamara Montero SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

Unha lectura colectiva serve para presentar a edición en galego de «A muller do porvir»

31 mar 2020 . Actualizado a las 13:54 h.

Concepción Arenal fala de novo. Faino nas voces de Rosario Álvarez, Mabel Rivera, María Xosé Porteiro, Isabel Naveira, Celia Pereira Porto e Inma López Silva, que, a modo de presentación en liña, protagonizan unha lectura colectiva (e a distancia) das conclusións d'A muller do porvir, unha das obras fundamentais da pensadora e pioneira feminista e que agora é reeditada en lingua galega polo Consello da Cultura, que xa o pendurou na súa web para a descarga

Tradución de María Alonso Seisdedos e con prólogo da especialista María Dolores Ramos, esta edición non só reúne os pensamento recollido n'A muller do porvir. Tamén inclúe a crónica das Conferencias dominicales celebradas na Universidade de Madrid para a educación da muller e unha escolma das Cartas aos delincuentes, destinadas a instruír acerca das nocións máis básicas que fundamentan o dereito, en especial o dereito penal.