Francisco Castro convida crear a un relato colectivo

X. F. REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

O escritor Francisco Castro.
O escritor Francisco Castro. Oscar Vázquez

O escritor e editor propón fuxir da corentena con imaxinación a través dun conto participativo este sábado en Instagram

27 mar 2020 . Actualizado a las 16:58 h.

Fuxir da corentena coa imaxinación. O escritor e director editorial de Galaxia, Francisco Castro, propón volver a esa máxica función da literatura para levar mellor o confinamento imposto por mor da crise do coronavirus. Non só como lectores, senón tamén como creadores. O autor propón para isto un relato participativo a través da súa conta en Instagram, escrito de xeito colectivo este sábado.

View this post on Instagram

A post shared by Francisco Castro (@franciscocastroveloso)

Será o propio Castro quen dea comezo a esta aventura literaria cunha foto alegórica e unha frase inaugural. A seguir, quen queira participar só ten que achegar unha frase na conta que lle dea continuidade ao texto, un pouco ao xeito dos cadáveres exquisitos dos surrealistas ou «poemas al alimón», en palabras de Neruda e Lorca.

A iniciativa empeza este sábado ás 10.00 horas e rematará ás 13.00, cando o escritor poña o ramo do conto coa derradeira frase.