A Mostra de Cinema Etnográfico, en Internet

O Museo do Pobo Galego pendura na súa conta de Vimeo algúns dos filmes que se proxectaron en anteriores edicións da MICE, ademais de material de lectura e propostas familiares

Fotograma de «Grab and Run», de Roser Corella
Fotograma de «Grab and Run», de Roser Corella

Santiago / La Voz

Se o confinamento non permite celebrar presencialmente Mostra de Cinema Etnográfico, pódese facer a través das novas teconloxías. Iso pensou o Museo do Pobo Galego, que pon en marcha deste xeito o primeiro MICE en liña. Dende o martes, a conta de Vimeo do Museo vai acollendo algúns dos filmes que se proxectaron en anteriores edicións, a razón dun novo filme cada dous días.

O primeiro é Grab and run, de Roser Corella, un filme que aborda o rapto de noivas en Kirguizistán. Tamén se pode visionar Hora silenciosa de Noelia María Muiño, unha curtametraxe documental que funciona como unha fiestra á clausuras das relixiosas de San Paio de Antealtares, escollida como mellor película galega. Ademais, propóñense lecturas sobre cinema etnográfico e para a fin de semana, contido familiar, con curtas de animación de un obradoiro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
20 votos
Comentarios

A Mostra de Cinema Etnográfico, en Internet