Clube de lectura de «O anxo negro»

Tamara Montero
Tamara Montero SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

Multitudinario roteiro pola Costa da Morte para recrear os espazos onde se desenvolve O anxo negro
Multitudinario roteiro pola Costa da Morte para recrear os espazos onde se desenvolve O anxo negro JORGE PARRI

Manuel Gago convida este mércores a parolar sobre a súa novela a través de Facebook Live

24 mar 2020 . Actualizado a las 11:46 h.

Unha bebida, un libro e unha boa conversa. É o que propón para este mércores Manuel Gago, que nestes días de confinamento organizou un clube de lectura virtual arredor da súa novela O anxo negro, unha historia de intrigas e expolios artísticos que ten como epicentro a Costa da Morte.

A cita será a través da súa páxina de Facebook este mércores ás 20 horas e o encontro permitirá coñecer curiosidades, anécdotas e segredos sobre a trepidante historia da encarga que lle fai a Nicolás Bren a vecindade dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recperar unha Santa Mariña da que son moi devotos.