Unha de filmes restaurados

Tamara Montero
Tamara Montero SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

Manuel Arís Torres, que filmou a Galicia dos 50 para a emigración. A súa película pódese visionar na web do CGAI
Manuel Arís Torres, que filmou a Galicia dos 50 para a emigración. A súa película pódese visionar na web do CGAI

O CGAI e a Filmoteca Nacional penduran as películas que foron recuperando

23 mar 2020 . Actualizado a las 11:00 h.

Hai nos arquivos, tamén nos cinematográficos, cachiños de vida agochados. Así que estes días de confinamento son unha boa oportunidade para mergullase na historia do cine a través de dúas propostas semellantes pero á vez diferentes. Tanto o CGAI como a Filmoteca Española están compartindo os filmes que teñen restaurado.

No arquivo do CGAI, por exemplo, pódese visionar a Viaxe por Galicia de Manuel Arís, que foi filamndo o país entre 1953 e 1958 e que supón un documento excepcional e un filme moi aprezado pola emigración alén de mar daqueles tempos, que podía ver así como cambiara o país que deixaron. Tamén está dispoñible Tintorería España, un filme no que ver como era a Compostela de 1927, ou as imaxes de Castelao en Bos Aires.

Pola súa banda, a Filmoteca Española puxo en marcha o ciclo #DoréEnCasa, no que cada van pendurando no seu canal de Vimeo un dos filmes que teñen restaurado. Estes días pódese visionar Vaya luna de miel, unha película perdida de Jess Franco que recuperou dos arquivos no 2018 Álex Mendíbil. Esta tarde ás 19.30 e a través de Instagram, o propio Mendíbil e mais Carlos Reviriego responderán as preguntas que faga o público sobre o filme mediante o cancelo #LunaDeMielEnFilmoteca.