O pórtico de Escosura


Cada vez que vou ver a colección de arte da Fundación María Cristina Masaveu Peterson (FMCMP), en Madrid, busco o cadro do pintor ovetense Ignacio Leon Escosura (1834-1901) que amosa unha moi particular visión ou perspectiva do pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. Abonda con poñerse diante do cadro para descubrir a peculiaridade da «visión oblicua» que nos ofrece e que figura moi axeitada para que as figuras encaixen na escena coa maior naturalidade. Unha visión que contrasta coa frontal do romántico Xenaro Pérez Villaamil, que en 1849 pintou un pórtico da Gloria de cores precisos e arrebatadores e de composición frontal.

O cadro de Escosura que podemos ver na FMCMP de Madrid foi adquirido na galería Sotheby’s de Londres o 2 de abril de 1998. E ofrece, como dixen, unha visión oblicua do pórtico, de execución moi complexa, pero que resulta moi axeitada para que as figuras encaixasen na escena con toda naturalidade… aínda que os personaxes teñan un aire afrancesado que enlaza co doutras obras do artista ambientadas no século XVI.

Hai que dicir, neste punto, que Escosura formouse inicialmente na Escola de Belas Artes da Coruña. Despois viviu en Madrid e logo en París, onde asistiu á Escola Imperial como discípulo de Lazerges e onde frecuentou os estudos de Gérôme e Messonier. Ao longo da súa vida logrou numerosas condecoracións en París, Londres, Madrid, Berlín e Múnich.

Non obstante, a visión romántica de Xenaro Pérez Villaamil deixounos unha obra que, sendo menos orixinal na composición, é moi superior á de Escosura na viveza das cores (brancas, negras, azuis, douradas, etcétera) que nos ofrecen a posibilidade de ver o pórtico como era cando el o pintou. En 1866, o italiano Domenico Brucciani fixo unha reprodución en escaiola a tamaño real do pórtico que hoxe está no museo Victoria & Albert, no barrio londiniense de South Kensington. Pero o cadro de Villaamil segue a ser a mellor mostra da policromía de Pórtico. Coma o de Escosura, ofrece aínda o mellor ángulo de visión dese espazo incomparable.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O pórtico de Escosura