A película «A esmorga», de balde durante dous días

X. F. REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Escena de A Esmorga
Escena de A Esmorga Santi M. Amil

A adaptación cinematográfica da novela de Eduardo Blanco Amor poderá verse entre este venres e o luns

19 mar 2020 . Actualizado a las 18:25 h.

A editorial Galaxia, TVG e a produtora Vía Láctea súmanse á oferta de contidos culturais para axudar a levar mellor os confinamentos domésticos. Entre este venres e o luns será posible ver de balde A esmorga, a adaptación cinematográfica dirixida por Ignacio Vilar do clásico homónimo de Eduardo Blanco Amor.

Segundo vén de informar a editora este xoves na súa web, está previsto que envíe un enlace que permita visualizar o filme entre as 20.00 horas deste venres día 20 e as 6.00 horas do luns.

A película está protagonizada polos actores Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán Morris. Estreouse no 2014 e acadou seis premios Mestre Mateo ese ano. No reparto tamén contou con intérpretes como Mela Casal, Pepo Suevos, Melania Cruz ou Santi Prego, entre outros.