La Voz publica unha colección coas tres pioneiras na reivindicación da muller

As precursoras. Son tres: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal. Poderían ser moitas máis, pero elas son tres pezas imprescindibles na reivindicación en Galicia do papel da muller na sociedade. O lector de La Voz poderá levar á casa as súas obras máis representativas nesta loita, «Follas novas», «La Tribuna» e «La mujer del porvenir», cada unha ao prezo de 1,95 euros mailo cupón que incorpora o diario

O lector de La Voz poderá levar á casa «Follas novas», «La Tribuna» e «La mujer del porvenir», cada unha ao prezo de 1,95 euros mailo cupón do diario
O lector de La Voz poderá levar á casa «Follas novas», «La Tribuna» e «La mujer del porvenir», cada unha ao prezo de 1,95 euros mailo cupón do diario

Redacción / La Voz

La Voz de Galicia publica unha colección literaria que pon en valor a achega de tres autoras galegas fundamentais na reivindicación do papel da muller na sociedade. Rosalía de Castro (Santiago, 1837-Padrón, 1885), Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851-Madrid, 1921) e Concepción Arenal (Ferrol, 1820-Vigo, 1893). Son tres, poderían ser moitas máis, pero é certo que elas son tres piares imprescindibles nesta longa loita pola dignidade feminina. De cada unha delas o periódico ofrecerá a súa obra más significativa no eido da batalla polos dereitos dunha muller que vivía daquela, no século XIX, supeditada a un mundo de homes, e nun proceso que, desgraciadamente, aínda non se pode dar hoxe por concluído.

Os tres títulos que compoñen esta colección son o poemario de Rosalía Follas novas, a novela de Pardo Bazán La Tribuna e o ensaio de Arenal La mujer del porvenir. O próximo domingo chegará aos quioscos a primeira entrega, Follas novas. O domingo seguinte, 15 de marzo, será a quenda de La Tribuna, para pechar a serie con La mujer del porvenir, que se entregará o 22. O lector de La Voz poderá conseguir cada un dos libros a un prezo de só 1,95 euros mais a entrega do cupón que incorporará no lombo o periódico dominical.

O poemario Follas novas chega á rúa coincidindo coa celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Gústalle dicir ao presidente da Fundación Rosalía de Castro, o filólogo e escritor Anxo Angueira, precisamente ao coidado do texto rosaliano que publica La Voz, que «a muller de Rosalía é a muller traballadora, do pobo, do seu tempo, abandonada polo home que marchou para Cuba, que non sabe se vai volver, e que se encadra perfectamente na literatura universal: son penélopes. Tecín soia a miña tea. Non fala só da soidade individual, senón da soidade política e social».

«Sabemos que vivías vocación de saudade / No espazo miseirento onde se apaña o liño... / E na vila enloitada por longos sobresaltos / Te mostrabas no manto da limpa fidalguía / Sábese que exercías a fala dos humildes / E sentabas nas pedras a parolar cos nenos...», escribe a poeta e académica Luz Pozo Garza no prólogo que preparou para este libro, e no que establece un fermoso diálogo cos versos rosalianos.

«Falar de Emilia Pardo Bazán -anota a narradora María Canosa no prólogo que redactou para a novela La Tribuna- é un valor seguro. A súa obra foi avalada pola crítica ao ser tratada coma a dos varóns, algo sorprendente no século XIX; é dicir, foi enxalzada e tamén desaprobada».

Sobre La mujer del porvenir, afirma no seu limiar a escritora Inma López Silva que xa «o título dá conta da actitude revolucionaria do escrito, da paixón reformista da autora e da razón convertida en destino inevitábel».

 

Tres domingos

 O primeiro volume, «Follas novas», entrégase o 8 de marzo, no Día da Muller

«Follas novas», de Rosalía, conforma a entrega inaugural, que chega co periódico do vindeiro domingo. O día 15 tócalle a «La Tribuna», de Emilia Pardo Bazán, para pechar a colección con Concepción Arenal e o seu ensaio «La mujer del porvenir», que se ofrecerá o domingo 22.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
8 votos
Comentarios

La Voz publica unha colección coas tres pioneiras na reivindicación da muller