Jorge Requeni, Lídia Jorge, Marta Pessarradona e Unai Elorriaga, premios Rosalía de Castro

O Centro PEN de Galicia recoñece o labor literario destes autores en lingua española, portuguesa, catalá e vasca

Unai Elorriaga, Lídia Jorge, Marta Pessarradona e Antonio Requeni
Unai Elorriaga, Lídia Jorge, Marta Pessarradona e Antonio Requeni

redacción / la voz

O Centro PEN de Galicia vén de fallar os seus premios Rosalía de Castro, que chegan á súa décimo terceira edición. Os galardóns distinguen figuras senlleiras das literaturas española, portuguesa, vasca e catalá, un recoñecemento que personifica nelas a diversidade lingüística peninsular. Nesta ocasión, os premiados son a escritora portuguesa Lídia Jorge, a catalá Marta Pessarradona, o vasco Unai Elorriaga e o arxentino Antonio Requeni. Os galardóns seranlles entregados nun acto literario organizado polo PEN galego na segunda metade do mes de setembro.

O xurado, presidido por Luís González Tosar e que contou con Ánxela Gracián, Bieito Iglesias, Xosé Ramón Pena, Pablo Rubén Eiré, Manuel Guede e Luís Menéndez, ademais de Xabier Castro como secretario, destacou os méritos literarios dos catro premiados.

De Lídia Jorge (Boliqueime, 1946), o xurado sinala que «ten adquirido un lugar de relevo nas letras da lusofonía, caracterizado por un estilo moi persoal que a identifica», chamando a atención de xeito especial sobre o seu libro Costa dos murmúrios, resultado das súas experiencias en Angola e Mozambique.

Marta Pessarradona (Terrassa, 1941) recibiu recentemente o premio de honra das Letras Catalás. A súa ampla obra literaria está vinculada tamén á loita a prol dos dereitos da muller, así como as súas colaboracións en revistas, como Camp de l’Arpa, que contribuíron a visibilizar as linguas peninsulares, entre elas o galego.

Antonio Requeni (Bos Aires, 1930) é un poeta da xeración arxentina dos 50 e tamén cultivou profesionalmente o xornalismo co seu labor cultural en La Prensa. O xurado dos Rosalía de Castro considérao «un verdadeiro embaixador da cultura galega» en Arxentina e destaca a súa proximidade a autoras exiliados como Luís Seoane, Rafael Dieste, Lorenzo Varela e Arturo Cuadrado, ademais da súa relación con José González Carbalho e Francisco Luis Bernárdez, poetas arxentinos de estirpe galega.

Pola súa banda, Unai Elorriaga (Bilbao, 1973) é un referente na literatura en éuscaro dende que acadou o Premio Nacional de Narrativa no 2002. O premio recoñece nel un labor literario que transcende minorías e chega a milleiros de lectores en toda Europa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Jorge Requeni, Lídia Jorge, Marta Pessarradona e Unai Elorriaga, premios Rosalía de Castro