A poesía de Vicente Araguas, ilustrada por Manuel Patinha

O novo libro do escritor de Neda, «O amor non se fala soamente», ve a luz da man da editorial Medulia

Araguas publicou recentemente «El mundo poético de Bob Dylan»
Araguas publicou recentemente «El mundo poético de Bob Dylan»

Ferrol / La Voz

Vicente Araguas (Xuvia, Neda, 1950) vén de publicar, nestes días que en tantos sentidos son de inverno, un novo poemario, que ve a luz da man da editorial coruñesa Medulia. O libro leva por título O amor non se fala soamente, e ten por subtítulo Ronsel do 68. O volume, de delicado deseño, está ilustrado por Manuel Patinha, o prestixioso artista portugués afincado en Ferrol que non só é un dos grandes amigos de Araguas, senón tamén un creador co que o poeta mantén aberto un permanente diálogo, tanto no ámbito persoal como no aspecto creativo.

«Iso queda de todo; espadas ferruxentas, carros / volcados con rodas virando, / sabas esfarrapadas / que son bandeiras / por se volvese Maio», escribe Araguas na contracapa do libro, pechando así unha obra que vén representar, na práctica, un novo e decisivo paso no camiño que está a seguir, literariamente, o escritor galego afincado en Madrid: un vieiro polo que Vicente Araguas se dirixe, sen pausa, á esencia da súa propia mirada e do seu propio corazón, que son as columnas que sustentan un universo que, sen os seus poemas, non tería existido xamais.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A poesía de Vicente Araguas, ilustrada por Manuel Patinha