Jorge Llorca obtén o Risco de literatura con «O anxo de Durero»

A convocatoria, que promoven o Concello de Ourense e a Fundación Risco, está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra


ourense / la voz

O autor ferrolán Jorge Llorca converteuse no gañador do Premio Risco de Creación Literaria coa obra O anxo de Durero. A convocatoria, que promoven o Concello de Ourense e a Fundación Risco, está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra.

O xurado salientou «a calidade da linguaxe literaria. O texto seduce xa dende o inicio, convidando a acompañar a historia e as personaxes até o desenlace». Tamén destacou o xurado «a voz narradora, que se presenta como unha persoa do común pero, ao tempo, excepcional». O Premio Risco de Creación Literaria leva convocándose dende hai 20 anos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Jorge Llorca obtén o Risco de literatura con «O anxo de Durero»