Miguel Sande recolle o galardón de poesía Afundación

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

28 nov 2019 . Actualizado a las 08:33 h.

O escritor e xornalista de La Voz de Galicia Miguel Sande recolleu onte na Coruña o galardón que o acredita como gañador do premio de poesía Afundación, convocado pola entidade co patrocinio da Xunta e a colaboración do Centro PEN de Galicia. Acompañaron ao autor o director xerente de Afundación, Pedro Otero; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo; e o presidente do PEN galego, Luís González Tosar. Sande obtivo o premio polo seu poemario Os filósofos xa non brindan con cicuta, «unha visión do mundo e da condición humana serena e madura, pero tamén transgresora nas imaxes e retadora nas metáforas», segundo o xurado. Como colofón do acto o autor recitou a súa obra, co acompañamento dunha creación ex professo por parte de Xes Chapela.