Mozambique lembra a Narf cun concerto

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

WOMEX- NARF EN EL PRINCIPAL
WOMEX- NARF EN EL PRINCIPAL XOÁN A. SOLER

O artista galego estaba moi ligado á musica do país africano

04 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Mozambique, un país con cuxa música estaba moi ligado Fran Pérez Narf, honrou a súa memoria cun concerto programado para onte no Teatro Avenida de Maputo. No tributo estaba prevista a participación de Timbila Muzimba, Music’Acert, Daniel Tapadinhas e a cantante galega Uxía, con quen Narf compartiu o seu derradeiro disco, Baladas da Galiza imaxinaria. O propósito da iniciativa foi non só lembrar ao cantante, senón tamén dar continuidade aos lazos de irmandade que Narf cultivou durante anos con Timbila Muzimba, cos que creou espectáculos como Bumba ou De Zigala a Zemambiquo (De Galiza a Mozambique). O conxunto tamén estivo presente no concerto que Narf ofreceu no Teatro Principal de Santiago no 2016, menos dun mes antes da súa morte, e que se convertería na súa derradeira actuación. A obra de Narf sempre se caracterizou por mesturar as sonoridades galegas coas doutras latitudes nunha visión moi persoal.