Guadi Galego expande o seu universo con «Immersion»

O novo traballo da artista galega supón un cántico a diversidade, empregando sete linguas diferentes 

GUADI GALEGO
GUADI GALEGO

redacción

O novo disco de Guadi Galego supón unha deliciosa anomalía. Nel revisa temas das súas anteriores entregas dun modo moi especial: xuntándose con artistas de diferentes puntos da Península Ibérica e convidándoos a que fagan unha inmersión total, operando no seu interior. Cunha chea de nomes -como Judit Neddermann, Clara Peya, Iván Ferreiro, Alidé Sans, Lisandro Aristimuño, Vega ou Andrés Suárez- o primeiro que sorprende é o cambio de idioma de moitas. Escritas orixinalmente en galego, cambian agora ata en sete linguas diferentes, creando un cadro que pretende reivindicar a diversidade.

Ademais do estupendo tema inédito -esa preciosa oda ao amor propio titula Balada de Verán con Lisandro Aristimuño, que conta con versión en galego e castelán-, o percorrido ten moito de imprevisto. Que ninguén pense nun disco de duetos ao uso, por favor. Isto é outra cousa. Por exemplo, aquel O privilexio é soñar pianístico e lánguido transfórmase en Privilegio. As sete vogais galegas coas que pinta a voz de Guadi redúcense a cinco. O pulso márcao unha guitarra de corte delicado. E xorde a fráxil voz de Vega, soberbia, nunha mestura coas doses xustas de familiaridade e novidade. Entre ambos extremos flúe a emoción

Si, porque emocionante é escoitar ese Matriarcas de inclinación lusa e colchón de jazz roto, con Ana Bacalhao e Abe Rábade. Ou deleitarse con Fronteres, dotada dunha nova luz en catalán, con Judit Neddermann e Clara Peya. E gozar con Recoñecéndome onde a voz de Andrés Suárez, elevado e sempre no seu sitio, brilla de maneira especial e deixan atrás o ton folk da orixinal nun camiño diferente.

Son apenas uns exemplos dun disco que non debería disuadir a quen desexe debutar con Guadi Galego. Aínda que parta do pasado, o disco funciona a como un traballo autónomo. E moi notable.

Guadi Galego: «Cada vez hai mais xente disposta a abrir os seus oídos a diversidade»

javier becerra
Guadi Galego nunha mesa do café Macondo de A Coruña, onde se fixo esta entrevista.
Guadi Galego nunha mesa do café Macondo de A Coruña, onde se fixo esta entrevista.

O próximo venres sae «Immersión», un álbum no que a artista canta en sete linguas con artistas de todos os estilos

Guadi Galego (Cedeira, 1974) necesitaba dar un freo na súa carreira. Tras a triloxía formada por Lúas de outubro e agosto (2014),  O mundo está parado (2016) e Bóla de cristal (2018), optou por revisar algúns dos temas alí incluídos co tacto dunha morea de artistas invitados. «É unha especie de reinicio emocional -sinala- Necesitaba saber ata onde eu podía chegar coas miñas cancións, dende estas esquina, dende esta idiosincrasia». Con esa filosofía gravouse Inmmersion, o álbum que edita o próximo día 25. Nel conta coa intervención de artistas como, Judit Neddermann, Clara Peya, Vega, Iván Ferreiro, Silvia Quesada, Alidé Sans, Lisandro Aristimuño, Andrés Suárez, Ana Bacalhau o Xabier Díaz.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Guadi Galego expande o seu universo con «Immersion»