Os Premios Xerais 2019 reciben os galardóns xa cos libros na man

La Voz VIGO / LA VOZ

CULTURA

Oscar Vázquez

Emma Pedreira, Rosa Aneiros e Amador Castro foron los premiados

20 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras desvelarse no mes de xuño os nomes dos galardoados cos Premios Xerais 2019, o Museo do Mar de Galicia en Vigo acolleu onte o acto literario que o certifica, coincidindo co envío ás librarías das tres obras premiadas. Ao redor de 150 persoas asistiron ao evento no que estiveron presentes os tres autores distinguidos na última edición do certame que naceu co de novela e ao que logo se lle sumaron o de literatura infantil e o xuvenil. O Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e ao que optaron 44 manuscritos, foi para o chantadino afincado en Barcelona Amador Castro, pola obra Shanghai a Barcelona, unha novela sobre a emigración galega á capital catalana. O xurado do 34 Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorreron 28 obras, foi para Rosa Aneiros (Valdoviño, 1976) pola obra Xelís, o guieiro das botellas de mar. A autora, que recibira hai dez anos o Xerais por Sol de inverno, destacaba da nova obra que se trata dun texto «de denuncia do deterioro do planeta, en particular dos océanos pola contaminación dos plásticos». A XI edición do Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros, foi para Emma Pedreira (A Coruña, 1978) por Os corpos invisibles, novela sobre as mulleres hai dos séculos: escritoras, científicas, traballadoras, nais e nenas esclavas.