María Bouzas, premio Fundación Aisge 2019 pola súa traxectoria

O festival OUFF acollerá a entrega do galardón á actriz galega


A Fundación Aisge (Artistas Intérpretes, Sociedad de Gestión) acordou conceder o seu premio a toda unha traxectoria á actriz galega María Bouzas. O galardón correspondente ao exercicio 2019 será entregado nun acto que se celebrará no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), certame co que a Aisge mantén un acordo de colaboración dende hai quince anos. Á hora de dar a coñecer o galardón, a fundación salienta que este premio é un recoñecemento á súa ampla experiencia e traballo en todas as facetas da interpretación «e o seu compromiso coa profesión e a sociedade civil galega». O galardón seralle entregado a María Bouzas no OUFF pola responsable da Fundación Aisge para Galicia, a actriz, produtora e directora Isabel Blanco. No OUFF 2018 foi premiada Mabel Rivera.

De «Marías» a Puente Viejo

A mugardesa debutou na escena da man de Mario Gas na montaxe O mozo que chegou de lonxe, do CDG, en 1987. Coa súa compañeira María Pujalte creou logo a Compañía de María e fíxose coñecida para o gran público en series televisivas como Pratos combinados ou Terra de Miranda. Dende o 2011 Bouzas dálle vida a Francisca Montenegro, a «maquiavélica e vingativa» protagonista da serie de Antena 3 El secreto de Puente Viejo. Expresidenta da Academia Galega do Audiovisual, a actriz foi Premio da Cultura Galega.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

María Bouzas, premio Fundación Aisge 2019 pola súa traxectoria