Mercedes Peón pechou o Ano de Galicia no Festival de Lorient

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

laura martelo

Máis de 300 artisas dunha vintena de grupos formaron a delegación galega no certame

12 ago 2019 . Actualizado a las 08:43 h.

Cunha actuación de Mercedes Peón pechou o Ano de Galicia, a participación galega no Festival de Lorient. Segundo datos da Xunta, colaboradora do certame francés, máis de 100.000 persoas gozaron coa música galega, mentres que cifrou en 50.000 as que pasaron polo pavillón de Galicia, onde se celebraron máis de cincuenta actuacións.

Arredor de 300 músicos e bailaríns dunha vintena de formacións formaron parte da delegación galega en Lorient. Acudiron nomes como os de Carlos Núñez, Milladorio, Davide Salvado, Xosé Lois Romero e Aliboria, Talabarte ou Tiruleque, entre outros. Tamén Xacarandaina, a Banda de Gaitas de Forcarei, a Banda Municipal de Silleda, Abraham Cupeiro ou Invernía.

Concerto inaugural

Galicia foi a protagonista do concerto inaugural do festival, Os camiños de Breogán, un espectáculo sinfónico de música e danza tradicional, coa participación de 130 artistas. Tamén houbo tempo para a literatura, coa presentación dunha antoloxía poética, para difundir os valores culturais do Camiño de Santiago, a través dunha exposición do fotógrafo Manuel Valcárcel. Para a Xunta, a presenza galega en Lorient é un chanzo de visibilidade de cara a promocionar o vindeiro ano Xacobeo 21.