Alberto Vázquez e Martín Romero, premios Castelao de banda deseñada

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Capas das obras de Alberto Vázquez («A caza») e Martín Romero («Uxío»)
Capas das obras de Alberto Vázquez («A caza») e Martín Romero («Uxío»)

O certame incluíu por vez primeira unha modalidade para público infantil e xuvenil

08 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Alberto Vázquez e Martín Romero veñen de gañar o premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña nas súas modalidades xeral e infantil e xuvenil, respectivamente. Alberto Vázquez (A Coruña, 1980) fíxose co galardón coa obra A caza, do que o xurado destacou o seu «grafismo moi sólido realizado coa técnica do sumi-e con tinta chinesa». «Crea un mundo propio e persoal a través dun debuxo expresivo que xera unha unidade narrativa con imaxes que se manteñen na retina do lector», engade o fallo. A novidade desta edición era a modalidade infantil e xuvenil, que recaeu en Uxío, de Martín Romero (Boiro, 1981). O xurado valorou o «uso humorístico, divertido, adaptado á idade, cunha filosofía sobre a vida e a cotidianidade dun xeito lixeiro e poético». Tamén destacou o transfundo reflexivo moi interesante para os lectores mozos.