Estas son as 17 películas que a Xunta subvencionará cun total de 5,3 millóns de euros

Os filmes recibirán cantidades que oscilan entre os 15.000 euros das curtas e os 253.000 dalgunhas longametraxes

Presentación na Deputación de Pontevedra de «María Solinha», de Ignacio Vilar
Presentación na Deputación de Pontevedra de «María Solinha», de Ignacio Vilar

Redacción

A Xunta comunicou este domingo que destinará 5,3 millóns de euros a subvencionar a produción ou coprodución de 17 novas películas galegas. No apartado de longametraxes de ficción, Dibujos animados (Honeymoon), de Enrique Otero e da produtora Pulsa Control Z, recibirá 234.205 euros, a mesma contía destinada a María Solinha, de Vía Láctea Filmes e dirixida por Ignacio Vilar. Tamén se conceden axudas por 253.722 a O corpo aberto, de Ollo Vivo e Ángeles Huerta; Tres, un proxecto da AIE Tres La Película Frida Nair; e San Simón, da produtora Miramemira. A mesma cantidade percibe a cinta de animación O meu avó, da AIE Caretos Films.

No que atinxe ao documental, concédense axudas a seis películas. Catro delas recibirán 78.068 euros: Os días calados do Sr. Stevens, de Matriuska e César Souto; Onde máis doe, de Xamalú Filmes e Manane Rodríguez; Nación, retrato de Martina, de Nós Produtora Cinematográfica Galega e Margarita Ledo; e A Virxe Roxa, de Recrea Filmes con Marcos Nine. Outras dúas producións recibirán 58.551 euros: Alén da Terra, de Somadrome Films e Ruth Chao, e Kevin vs Ray, de Pulsa Control Z e Eduardo Herrero e Manuel Lemos.

Por último, completa a relación de proxectos que reciben axudas catro curtametraxes. Trátase de Rompente, de Zeitun Films e dirección de Eloy Domínguez; 16 de setembro, de Sombriza Films e Álvaro Gago; Lolo da Illa, de Alfonso Vázquez Cortizo, e Non me espera ninguén, de Ladybug Films. Cada unha destas cintas recibirá unha axuda de 15.000 euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Estas son as 17 películas que a Xunta subvencionará cun total de 5,3 millóns de euros