«Hamada», de Eloy Domínguez Serén, chega aos cines o vindeiro 12 de xullo

La Voz adianta o tráiler do filme do director galego sobre a mocidade dos campamentos saharauís

;
Trailer Hamada Trailer Hamada

Redacción

Hamada, un filme de Eloy Domínguez Serén, poderá verse nos cines galegos a partir do vindeiro 12 de xullo. Trátase dunha achega, próxima e con humor, a un grupo de mozos saharauís que naceron e medraron nos campamentos de refuxiados. A película amosa a súa vida cotiá, na que dedican un tempo considerable a amañar coches vellos ata facelos funcionar perfectamente, vehículos cos que, porén, non poden ir moito máis lonxe que os campamentos.

La Voz adianta o tráiler de Hamada, un avance que xa se poderá ver nos cines galegos como anticipo da estra do filme, o 12 de xullo. 

A viaxe saharauí a ningunha parte

xesús fraga
Eloy Domínguez Serén, cun dos protagonistas de «Hamada», nun intre da rodaxe
Eloy Domínguez Serén, cun dos protagonistas de «Hamada», nun intre da rodaxe

Eloy Domínguez Serén retrata o limbo no que se atopa a mocidade dos campos de refuxiados en «Hamada», unha sorte de «road movie» que circula sobre si mesma

Hamada, o último filme de Eloy Domínguez Serén (Simes, Meaño, 1985) podería cualificarse de road movie. Parte da metraxe amosa aos protagonistas fedellando con repostos e motores, aprendendo ou ensinando a conducir, ou ao volante dos seus vehículos. Emprenden viaxes que, porén, os devolven ao punto de partida. Porque estes mozos viven nun dos campamentos dos refuxiados saharauís, nos límites paradoxais do horizonte infinito do deserto: hamada significa en árabe esa variedade, árida e rochosa, do deserto.

«Atópanse, con apenas vinte anos, recluídos neste limbo, como ben sinalas, de area e pedra. Privados de liberdade, sen perspectivas de futuro, nese momento decisivo das súas vidas, con toda a enerxía, vitalidade, soños e expectativas da mocidade, pero sen apenas oportunidades de canalizar todo ese ímpeto e puxanza que levan dentro», confirma Domínguez Serén. «Son a segunda e mesmo terceira xeración que nace xa nos campamentos e nunca viron a súa terra, o Sahara Occidental. Apenas a coñecen polas historias que lles contan os seus pais e avós», engade. «E, malia todo, non desfalecen, intentan darlle sentido ao seu día a día, rebelarse e reinventar a súa realidade. Conservan a esperanza e un sentido do humor asombroso. É admirable», di o cineasta, que participa este venres en dous pases con cadanseu coloquio (18.00 e 20.30 horas) no CGAI na Coruña.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

«Hamada», de Eloy Domínguez Serén, chega aos cines o vindeiro 12 de xullo