Os premios Martín Códax da música teñen 54 finalistas en 18 categorías

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Mónica Irago

Os gañadores daranse a coñecer nunha gala o 8 de maio en Pontevedra

25 abr 2019 . Actualizado a las 13:57 h.

Un total de 54 finalistas optan aos premios Martín Códax da música na súa sexta edición. Os gañadores daranse a coñecer nunha gala o 8 de maio en Pontevedra.

Na categoría de pop/indie foron elixidos Oh Ayatollah!, Espiño e Igloo, mentres que na de rock os finalistas son Bala, Familia Caamagno e Mad Martin Trío. Optan a premio en músicas urbanas Ezetaerre, Rebeliom do Inframundo-Ilegal e Wöyza. En clásica e contemporánea son finalistas Adrián Saavedra, Son Trío e Tangata & Orquestra Clásica de Vigo. No apartado de tradicional e folk se escolleron a Tanxugueiras, Os d’Abaixo e Habelas Hainas, mentres que en músicas do mundo foron Marcos Teira «Nós», Oîma e Turma Caipira.

Xoán Curiel e a Banda do Verán, Concerto Punkinfantil e Olga Brañas son finalistas na categoría de música infantil. Na de música electrónica, Baiuca, Cintaadhesiva e Músculo, e en metal Raiba, Nao e Cabodano.

O apartado que reúne reggae, ska e mestizaxe ten finalistas a García MC & Nación Quilombo, Banda Crebinsky e The Turre’s Band. Optan a premio na categoría de orquestras Los Satélites, América de Vigo e Timparrantela. Carmen Rey, Vudú e Carla Green & The Demons compiten polo premio de blues e soul, mentres que en canción de autor son A Banda da Loba, MJ Pérez e Su Garrido Pombo. En coros, Zoelas, Sisters in the House e Ejazz, e en jazz, Xacobe Martínez Antelo Trío, Xosé Miguélez?Ontology e Pablo Castaño Quartet Quartet con. Ugia Pedreira.

Optan ao premio de festivais Nigranjazz, o Festival de Pardiñas e Jazz de Ría, mentres que en salas son A Arca da Noe, Mardi Gras e El Contrabajo Club. Por último, en comunicación optan Diario Cultural, Músicas Galegas Ilustradas e Lume na Palleira.