Carlos Blanco, premio «Pedigrí» do festival de Cans

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

PACO RODRÍGUEZ

O certame dintinguiu a traxectora de case tres décadas do actor e humorista

28 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Festival de Cans distinguiu a traxectoria do actor e humorista Carlos Blanco ao outorgarlle o premio Pedigrí «pola súa traxectoria de case tres décadas no mundo da interpretación, e pola súa disposición sempre para traballar con creadores e creadoras novos e, sobre todo, con curtametraxistas», segundo informou onte a organización do certame. Ademais, os Chimpíns de Prata «Premio Pepe Puime», que recoñecen o apoio que unha personalidade lle brinda ao festival e mais o labor dos veciños, á actriz e presentadora Neves Rodríguez, que non se perde ningunha edición do festival e contribúe á súa difusión, así como aos veciños Paz Acuña e Rafa González, propietarios da casa que acolle a todos os convidados que acoden ao festival no chamado Día Grande.