«Físico», Andrew McMillan, abre unha colección de versións de poesía ao galego

O selo compostelán Chan da Pólvora Editora vén de abrir unha nova colección, O Río, dedicada á tradución e que publicará dous títulos anuais

Chan da Pólvora deu ao prelo a edición bilingüe inglés-galego de «Físico», un dos libros máis celebrados da poesía inglesa de hoxe
Chan da Pólvora deu ao prelo a edición bilingüe inglés-galego de «Físico», un dos libros máis celebrados da poesía inglesa de hoxe
la voz

Chan da Pólvora Editora vén de abrir unha nova colección, O Río, dedicada á tradución. O volume que a inaugura é Físico, do autor británico Andrew McMillan, que presentou o libro xunto co editor, Antón Lopo. A colección publicará dous títulos anuais. O segundo que dará ao prelo o selo compostelán neste 2019 será, no outono, unha antoloxía da xenial escritora estadounidense Emily Dickinson.

Físico [Physical], traducido por Isaac Xubín, é o debut de Andrew McMillan na poesía, acaecido no ano 2015, e que foi recibido como un gran acontecemento literario no Reino Unido. Trátase dunha poesía de sintaxe complexa, imaxes turbadoras e mirada punxente sobre a familia e as relacións afectivas. McMillan aborda o desexo masculino.

Andrew McMillan (South Yorkshire,1988) foi recoñecido con Físico -«un libro incomparable», en palabras da crítica Sarah Crown de The Guardian- na voz poética máis poderosa da última xeración británica do século XX. Marcado pola experiencia de Tom Gunn, un dos referentes da poesía queer en inglés, ou pola poesía de denuncia sobre a opresión sexual de Sharon Olds, McMillan logrou crear un estilo que transforma o íntimo e o cotiá nunha revelación trascendente da vida. Esta característica fornece tamén o seu segundo libro, Playtime, publicado no 2018. Actualmente é profesor na Manchester Writing School da Manchester Metropolitan University.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Físico», Andrew McMillan, abre unha colección de versións de poesía ao galego