Manuel Rivas presenta en Dublín a tradución ao inglés de «A boca da terra»

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

Manuel Rivas presentará o seu poemario en Dublín este xoves día 14
Manuel Rivas presentará o seu poemario en Dublín este xoves día 14 CESAR QUIAN

O escritor participa este xoves día 14 nun recital no Instituto Cervantes da capital irlandesa

13 mar 2019 . Actualizado a las 15:36 h.

Manuel Rivas participa este xoves día 14 no Instituto Cervantes de Dublín (18.30 horas) nun recital co gallo das celebracións de San Patricio e mais no marco do ciclo Foco Poesía Galega. O escritor presenta a tradución ao inglés do seu poemario A boca da terra, xunto coa tradutora Lorna Shaughnessy, quen xa traducira A desaparición da neve, The Mouth of the Earth.

A actividade, que é de balde previa reserva, tamén incidirá nas conexións entre Galicia e irlanda, tanto de clima como de paisaxe, pero tamén musicais, literarias e ata no ADN. 

Rivas é un dos autores galegos máis traducidos ao inglés, tanto en poesía -From Known to Unknown ou The Disappearance of Snow- como en prosa -The Carpenter's Pencil, Books Burn Badly ou One Million Cows-.