As aulas de teatro universitario de Ourense, premio de honra Marisa Soto

La Voz OURENSE

CULTURA

MIGUEL VILLAR

Será entregado durante a gala dos premios de teatro María Casares

28 feb 2019 . Actualizado a las 14:02 h.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concedeu ex aequo á Aula de Teatro da Universidade de Santiago e á Aula de Teatro Universitaria de Ourense o galardón de honra Marisa Soto, que será entregado durante a gala dos premios de teatro María Casares, que -na súa vixésimo terceira edición- terá lugar no Teatro Rosalía Castro da Coruña o 21 de marzo. 

sde a Aula de Teatro Universitaria de Ourense, desde a MITEU e a MOTI, desde Sarabela Teatro, queremos agradecer o premio de honra María Casares á Asociación de Actores e Actrices de Galicia. É un pracer, ademais, compartilo coa Aula de Santiago e gustaríanos facelo extensible a todo o teatro universitario, ás aulas de Lugo e Vigo, que continúan co seu labor, e ás da Coruña, Pontevedra e Ferrol que agardamos que retomen a súa actividade.

«Este premio é para moitas e moitos docentes que pasaron pola Aula, para as alumnas e alumnos que formaron parte dos seus cursos, dos seus ensaios, das súas montaxes, das súas vivencias. Para os que seguides no teatro e para os que sodes público fundamental», sinalaban onte os gañadores que compartiron o premio cos e espectadores que os acompañaron desde hai case un cuarto de século na MITEU e desde hai 15 anos na MOTI. 

«Grazas ao campus de Ourense, da Universidade de Vigo, por apostar polo teatro universitario desde o ano 91 ininterrompidamente e ás administracións que fan que continúen as mostras que se organizan desde a Aula. Moitas son as cousas a mellorar, moitas as loitas que cada ano hai que ter para se manter", dixeron.