Cristina Pato inicia esta semana a súa primeira xira por Oceanía

Un dos concertos é no mítico teatro da ópera de Sydne


Ourense

A gaiteira e pianista ourensá Cristina Pato fai vinte anos de carreira profesional como solista coa súa primeira xira por Oceanía, na que ofrecerá oito concertos en Australia e Nova Celandia. Acompañarase do Silkroad Ensemble, formación fundada polo cellista Yo-Yo Ma. E comezará o vindeiro domingo na cidade de Perth, para continuar en Brisbane, Sydney, Adelaide, Auckland e New Plymouth. 

Un dos concertos é no mítico teatro da ópera de Sydney. Catro teñen lugar en dúas edicións do maior festival de músicas do mundo, WOMAD, fundado por Peter Gabriel, nas súas sedes de Adelaide (Australia) e New Plymouth (Nova Celandia), onde rematará a xira o 17 de marzo. Ao regreso dos Antípodas inicia outra rolda de actuacións por Estados Unidos o 28 de marzo en Winston-Salem, que prosegue en Athens, Augusta, Nashville, Bowling Green, Winchester, Santa Barbara, Northridge, Irvine, Berkeley e que pecha en Washington o 5 de maio. E, no medio, un concerto coa súa propia banda o 11 de abril en Vancouver, Canadá. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Cristina Pato inicia esta semana a súa primeira xira por Oceanía