As Letras Galegas honrarán a ética e os valores de Fraguas

J. G. SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

As actividades do Día das Letras foron presentadas no Museo do Pobo
As actividades do Día das Letras foron presentadas no Museo do Pobo SANDRA ALONSO

A celebración terá milleiros de actos en Galicia e no exterior

23 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

As dimensións «ética e exemplar» de Antonio Fraguas e os seus valores como «intelectual e galeguista, que marca o camiño a seguir» serán honrados no Día das Letras Galegas deste ano, con milleiros de actos organizados en Galicia e no exterior. Así o manifestou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, quen, ao avanzar a programación da Xunta, que aínda non está completa, sinalou que xa están previstas 54 iniciativas, que dinamizarán múltiples accións, e 6 publicacións. Xunto coas actividades que se organizarán en centros de ensino, concellos e outras moitas entidades e institucións, con apoio de empresas, serán milleiros os actos que se celebrarán, e non só en Galicia, senón tamén en centros de estudos e colectividades galegas de varios países e de diversas comunidades de España.

O avance da programación foi lanzado no Museo do Pobo Galego, entidade onde Fraguas foi o primeiro director. O conselleiro estivo acompañado, amais de por familiares da figura homenaxeada, de secretarios xerais, directores xerais e outros cargos da Xunta; tamén acudiron o presidente da Real Academia Galega, a presidenta do Consello da Cultura, o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, representantes dos concellos de Cotobade e Santiago, empresas públicas e privadas, centros de ensino e medios de comunicación públicos e privados. Houbo numerosas intervencións de oradores, que enxalzaron a figura de Fraguas e o seu significado na cultura do país.

 Programación transversal

Román Rodríguez salientou que a programación será transversal, por atinxir numerosos ámbitos. Comezou polo deportivo, pois neste eido terá lugar a sexta edición do Camiño das Letras. O fomento da lectura e da literatura será un dos principais centros, con certames e exposicións, e entre estas o conselleiro resaltou dúas especialmente: Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma e 56 anos das Letras Galegas: de Rosalía de Castro a Antonio Fraguas, que visitarán varias localidades. Acrecentou os concursos e «outro tipo de iniciativas para visibilizar o gran legado de Fraguas»; a presenza en Internet, redes sociais e outros espazos virtuais; roteiros, viaxes, pasarela do traxe galego e outras propostas e actuacións de participación social; propostas didácticas en numerosas disciplinas escolares, alén das dos equipos de dinamización lingüística, e especialmente en dous institutos de Santiago: o Rosalía de Castro, onde Fraguas foi docente, e mailo que leva o seu nome. Tamén se notará na música, no audiovisual e na programación da Real Academia Galega, que estará o 17 de maio en Cerdedo-Cotobade e organizará un simposio sobre a súa figura e significado; amais de en diversas conmemoracións.

O obxectivo será celebrar un Antonio Fraguas múltiple: político galeguista, intelectual, depurado polo franquismo, activista e axente cultural, home que apoiou institucións e retos da vida pública, que contribuíu a cohesionar a sociedade galega, cronista xeral de Galicia e, en definitiva, figura que deixou un moi valioso legado intelectual e humano, insistiu o conselleiro.