Oitenta libros para viaxar pola gran literatura galaico-portuguesa

Unha mostra na Cidade da Cultura reflicte, partindo do pasado común, a separación paulatina dos dous camiños


santiago / la voz

Da evolución conxunta á paulatina separación dos camiños de Galicia e Portugal a través dos libros e da literatura. Do Libro de horas de Fernando I (1055) e o Códice Calixtino ata obras de Carlos Casares e Agustina Bessa-Luís. Bibliotecas no espello, a mostra inaugurada onte na Cidade da Cultura, recolle oitenta obras facsimilares que, ademais de reflectiren a evolución dende o século XI, tamén pretenden poñer en valor a riqueza do patrimonio literario de Galicia e Portugal.

O pasado en común recóllese a través de códices, nas cantigas de Santa María ou na tradición ao galego-portugués dos Miragres de Santiago, ata chegar á Biblia Kennicott, de 1476. A partir de aí, comezan as andainas diferenciadas e iníciase o diálogo. Por unha banda, Luís de Camões, Eça de Queiroz, Mario de Sá Carneiro e Fernando Pessoa. Pola outra, primeiras edicións de autores como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Manuel Antonio, Castelao, Vicente Risco... Ata chegar a Carlos Casares e a súa obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.

A exposición forma parte do proxecto Nortear, impulsado dende a Consellería de Cultura, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. A pesar de que xa en anos anteriores se fixeran mostras literarias, esta iniciativa, comisariada por Ignacio Cabano e Ana Araujo, é a primeira conxunta de ambos os dous territorios. O secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, destacou o traballo común nos últimos anos para reverter esa separación que se foi producindo ao longo da historia.

A mostra, que está instalada no edificio da Biblioteca e o Arquivo de Galicia do Gaiás, poderá visitarse ata o vindeiro 19 de febreiro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
8 votos
Comentarios

Oitenta libros para viaxar pola gran literatura galaico-portuguesa