Accidentada homenaxe a Isaac Díaz-Pardo no seu sétimo cabodano

A concesionaria do cemiterio de Boisaca chamou á policía por non haber permiso para un acto que leva celebrándose sete anos sen problemas

;
Alonso Montero, identificado por la policía local en Boisaca

Santiago

Sete anos leva Isaac Díaz-Pardo recibindo unha cesta de pombas e mazás, aquela que lle desexaba Lorenzo Varela a todos os mortos e asasinados da súa xeración, no cemiterio de Boisaca, onde Isaac repousa a carón de Antonio Fraguas, Aurelio Aguirre e Valle-Inclán. Sete anos dun acto de homenaxe no aniversario do seu pasamento que sempre se viña celebrando sen incidentes pero que hoxe comezou con 40 minutos de retraso. A concesionaria do cemiterio quixo impedir un acto conformado por música, poemas e alocucións afirmando que non había permiso para a súa celebración e requiriu a presenza da Policía Local, que identificou a Xesús Alonso Montero.

O acto de homenaxe a Díaz-Pardo coincidía coa celebración dun enterro, polo que se retrasou o inicio ata a fin do sepelio.

«É moi apropiado para Isaac, que era un rebelde, comezar este acto cun pequeno choque coa autoridade», dicía Marilar antes de recitar o seu texto  -«non sei se é un poema», confesaba- sobre Díaz Pardo. 

Perfecto Conde, que definiu a Isaac como «o noso Leonardo Da Vinci», Gregorio Ferreiro Fente e Carlos Núñez foron os encargados das alocucións, mentres que o recital poético correu a cargo de Marilar Aleixandre, Xesús Alonso Montero, Sabela Hermida, e Manuel Ucha.

Foi Isabel Fonseca, estudante de primeiro de bacharelato de Ourense, quen este ano recitou Compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
64 votos
Comentarios

Accidentada homenaxe a Isaac Díaz-Pardo no seu sétimo cabodano