O Consello da Cultura aborda a súa programación

La Voz

CULTURA

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, participou no primeiro plenario do 2019 do Consello da Cultura Galega
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, participou no primeiro plenario do 2019 do Consello da Cultura Galega Xoán Crespo

O consello da Cultura Galega celebrou este xoves en Santiago a súa primeira reunión ordinaria do 2019

11 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Os 25 membros que conforman o plenario do Consello da Cultura Galega celebraron onte en Santiago a súa primeira reunión ordinaria do 2019, na que, entre outros asuntos, abordaron a programación da entidade cultural para este exercicio, no que o orzamento da institución medra un 5 % e acada os 2,7 millóns de euros. No plenario tamén estivo presente o presidente de honra da institución e xefe do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijoo.