Os actores advirten un CDG baixo mínimos, con escasas produción propia e contratación de elencos

Critican o proceso de selección de elencos


Redacción / La Voz

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) alertou de novo sobre «a preocupante situación» que atravesa o Centro Dramático Galego (CDG). Tras anunciar o día anterior a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) Neorretranca e posmorriña, a vindeira produción que se estreará en abril, o colectivo de actores critica a «baixa contratación de intérpretes e a escasa produción, liñas que definen a xestión deficitaria do CDG». Para a asociación, a dinámica marcada pola Agadic dun único espectáculo propio por ano con elencos de dez intérpretes non responde ás necesidades do público nin ás expectativas do sector, e moito menos ás funcións da institución.

A AAAG cuestiona a convocatoria dun proceso de selección de elencos para a escolla de intérpretes. Este tipo de procedementos, sometidos ás normas da función pública xeral, non se adecúan -subliñan- á realidade do sector nin á dimensión creativa do feito artístico, e pasa por alto as particularidades laborais e artísticas tanto de intérpretes como de directores. Ademais, inciden, non garanten a necesaria transparencia nin a igualdade de oportunidades nas que se escuda a Administración para levalos a cabo.

Proba desa ineficacia, insisten os actores, áchase no «accidentado procedemento» desenvolvido en Martes de Carnaval ou en Divinas Palabras Revolution, obra na que se externalizou a contratación de dous protagonistas mentres que os outros sete papeis se decidiron en libre concorrencia.

Os atrancos vividos cos elencos, lamentan, evidencian unha burocratización que asfixia o normal funcionamento da institución e que se manifesta noutros ámbitos, como a distribución e a exhibición das producións propias.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Os actores advirten un CDG baixo mínimos, con escasas produción propia e contratación de elencos