A aventura de Isabel Zendal na expedición da vacina, convertida en novela gráfica

 Nuevo Mundo . Isabel Zendal en la expedición de la vacuna de la viruela
"Nuevo Mundo". Isabel Zendal en la expedición de la vacuna de la viruela MARÍA OLMO

Vai sendo hora de que a historia de Isabel Zendal Gómez -que foi recoñecida pola Organización Mundial da Saúde como a primeira enfermeira da historia que participou nunha misión internacional de saúde pública- sexa coñecida polos galegos, e incluso levada ás escolas para que os nenos saiban da súa epopea. Aquela aventura -a Real Expedición Filantrópica da Vacina, á fronte da cal estaba o cirurxián alacantino Francisco Javier Balmis- propiciou que unha vintena de rapaces galegos se converteran en portadores, en transporte, da vacina da varíola ás Américas: partiron o 30 de novembro de 1803 do porto da Coruña a bordo da corveta María Pita, na que emprenderon unha travesía de case tres meses. Zendal ía ao coidado daqueles expósitos saídos, na súa maioría, dun orfanato da cidade.

Hai uns días o Parlamento galego publicou un libro -ao cargo do xornalista Antonio López Mariño, responsable da investigación que fixo aflorar a figura de Zendal- que recolle a documentación recuperada sobre esta enfermeira natural de Ordes, nacida nunha familia moi pobre. E esta mañá presentarase na libraría Cascanueces -e tamén pola tarde, ás 19.30 horas, no Colexio de Médicos da Coruña- o relato da heroica empresa de Isabel Zendal en forma de novela gráfica, que edita o selo Bululú. O libro é obra do tándem artístico El Primo Ramón, integrado polos arquitectos coruñeses Borja López Cotelo (1980) e María Olmo Béjar (1980).

Novo mundo, que así se titula o álbum, comeza co avistamento de terra ante as costas de San Juan de Puerto Rico e está relatado desde o punto de vista do fillo de Isabel Zendal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A aventura de Isabel Zendal na expedición da vacina, convertida en novela gráfica