O apoderamento feminino xa está recollido pola Real Academia Galega

CULTURA

RAG

A nova acepción xa está na edición dixital do diccionario como o «proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais»

05 nov 2018 . Actualizado a las 20:55 h.

A Real Academia Galega vén de incorporar o termo apoderamento feminino ao seu dicionario. Xa visible na versión dixital, a institución galega engade acepcións a apoderar para «expresar coa voz propia do galego unha nova realidade social no avance cara a igualdade». 

Tal e como recolle Europa Press, a RAG optou por esta forma frente a «empoderamento» porque o galego «non recoñece tradicionalmente o verbo empoderar», pero si o de «apoderar». «Da mesma familia que o inglés 'empower' e con prácticamente os mesmos significados tradicionais que este e posee igualmente un sustantivo derivado 'apoderamento' cos mesmos significados tradicionais do inglés 'empowerment'».

A edición dixital do diccionario da RAG recolle este novo significado como terceira acepción baixo a definición: «proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais».

Conectados coa rúa

Non é a primeira vez que a RAG reflicte no seu dicionario a realidade do emprego da fala. Na primeira metade do ano, incorporáronse termos como ciberacoso, ciberseguridade, ciberdelincuencia ou blogosfera. Como se explicou no seu momento, entradas todas relacionadas coa tecnoloxía da información. Tamén apareceron por primeira vez no dicionario palabras como rap, tripi ou aporafobia como «medo, rexeitamento ou aversión aos pobres ou desfavorecidos»

As novas entradas e cambios no dicionario poden ter varias orixes. Como explica a propia RAG, os propios membros da institución achegan propostas decote, «pero tamén permanece atenta ás que recibe de particulares e institucións». Faino a través do correo postal, pero tamén da lapela do dicionario dixital «Axúdanos a mellorar»