A RAG nomea académico correspondente a Afonso Vázquez- Monxardín

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

xmr

Licenciado en Xeografía e Historia, exerce a docencia en Ourense

29 oct 2018 . Actualizado a las 17:25 h.

O pleno da Real Academia Galega acordou o pasado venres incorporar á institución, en calidade de académico correspondente, a Afonso Vázquez-Monxardín. A entidade votou favorablemente á proposta do nomeamento do catedrático de Lingua e literatura galegas, autor de destacadas investigacións de fondos documentais relacionados coa cultura galega, en especial gravacións de intelectuais como Otero Pedrayo.

Vázquez-Monxardín (Ourense, 1960) exerce a docencia na súa cidade natal. Licenciado en Xeografía e Historia, os seus primeiros traballos están relacionados con estas disciplinas, ademais da práctica arqueolóxica. En 1991 foi un dos impulsores do Arquivo Sonoro de Galicia, no seo do Consello da Cultura, e tamén un dos activistas a prol da conservación e valoración da memoria da diáspora galega. Tamén cultivou a tradución e a redacción de guías didácticas de escritores ou de guións de vídeo, ademais de diversas colaboracións nos medios de comunicación.