Jorge Emilio Bóveda, premio Do Peirao pola súa novela «Eternos propietarios»

H. J. P. REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Ofrece, incide o xurado, modernidade e realismo social

24 oct 2018 . Actualizado a las 13:43 h.

O escritor ourensán Jorge Emilio Bóveda (1975) fíxose onte co premio Do Peirao de novela pola súa obra Eternos propietarios. De recente creación e impulsado polo selo compostelán do mesmo nome, que dirixe Borja F. Caamaño, o fallo enxalza o texto de Bóveda, que, di, ten o potencial de obras da altura de La borra del café de Benedetti ou Manhattan Transfer de Dos Passos. Ofrece, incide, modernidade e realismo social, co apoio dunha multiplicidade de personaxes, que «mostran o mellor e o peor da natureza humana con historias cotiás».