Moito máis que un paraugas

Andrea Costas Díaz

CULTURA

27 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Levaba meses aforrando para aquel paraugas: moitos ratos Pérez, visitas de avós, aniversario... vendíano nunha tenda en fronte ao colexio e cando reunín o diñeiro suficiente, fun compralo. Cando por fin chegou o primeiro día de chuvia e puiden estrealo, chovía realmente moito e ao saír do colexio reparei en Frida, unha nena que xogaba soa no recreo; vivía moi lonxe, eu vivía ao lado e ela non tiña paraugas, así que presteillo. Estaba desexando que chegase o día seguinte para que mo devolvera, pero Frida ese día non veu á clase, nin tampouco os seguintes... Despois dun mes, a profesora díxonos que Frida non volvería á clase ese ano e axiña comprendemos que se trataba de algo serio.

Unha semana despois, a nai de Frida chamou á miña para ir á súa casa, Frida quería devolverme o paraugas. Ao principio, eu non quería ir, xa que apenas coñecía a Frida, pero finalmente fun e paseino estupendamente. Cando chegou a hora de irse, deixei o paraugas esquecido para poder regresar ao día seguinte, e así fixen moitas veces, durante moitos días, ata que a nai de Frida me descubriu e me dixo que levara o paraugas, que podía visitar á miña amiga igualmente.

Cando chegou a noticia de que Frida non tiña que tomar máis quimio foi un gran día para toda a familia de Frida e para min... Xa estaba curada...! Celebrámolo cunha gran festa. No curso seguinte, Frida non xogou nunca máis soa no recreo e eu xa tiña unha amiga máis. Todos descubrimos que Frida era máis simpática do que pensabamos e incluso cambiamos o nome do noso grupo, agora chamámonos AS AMIGAS DO PARAUGAS.

Andrea Costas Díaz. 10 anos. Vigo. Estudante.