Unha historia de amor


Unha aperta del era a mellor maneira de rematar o día e principiar outro con bo pé, con autoestima e ganas de come-lo mundo. El ergueríase iría á cociña para face-lo almorzo con acougo, mentres ela ía á ducha para poñerse guapa. Daríalle tempo a el para acabar. Sentaría amodiño e collería a cunca do café mouro e fumegante. Fitaríao cunha eterna dozura e colleríalle a man para bicarlla lentamente. Coma sempre o café estaba saboroso. El non tiña que ir traballar á mesma hora, pero acordaron almorzar xuntos, en silencio. A conversa quedaba para o paseo do lusco e fusco. El agardaríaa no Caramanchón, cando o sol quería ir durmir e acocharse coas sabas das estrelas. O tempo estaba detido na noite tranquila. Miráronse ós ollos, nunha mirada suave e prolongada. Ese momento era único. As tensións e os golpes do día obrigaban a seren ourizos cachos que se acubillan dentro dos seus caparazóns de espiñas e ocultan os seus olliños tímidos e cheos de bondade. Que era máis impresionante? O mar que bicaba repetidamente as meixelas da area ou a profundidade da ollada de calquera dos dous amantes? Calquera dos dous sorprendía ó outro cunha palabra chea de humor, e o humor foi sempre a túnica da inocencia. Podían ir desde o ascensor panorámico de San Pedro ata a Torre de Hércules, que sempre había palabras recén estreadas que impactaban nos corazóns.

Carlos Platas Seixas. 42 anos. A Coruña

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Unha historia de amor