Antón Fraguas, homenaxeado nas Letras Galegas 2019

O escritor e historiador pontevedrés impúxose á candidatura do ferrolán Ricardo Carvalho Calero


Redacción / A Coruña

«Douvos un titular? A Academia coa voz do pobo» Así se dirixiu á bancada da prensa o académico e expresidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero nada máis finalizar a rolda de prensa na que se anunciaba ao vindeiro autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2019. O escritor e historiador pontevedrés Antón Fraguas (Cotobade, 1905-Santiago, 1999) impúxose á candidatura do ferrolán Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago,1990). O que fora presidente do Museo do Pobo Galego gañou xa na primeira votación do plenario, «algo pouco habitual», engadiu Montero. Obtivo 16 votos fronte aos 8 do autor de Anxo de terra. Tamén houbo unha abstención. A figura de Fraguas, «especialmente querida e apoiada», en palabras de Víctor Fernández Freixanes, presidente actual da institución, destacou o profesor Francisco Díaz-Fierros, que encabezou a candidatura de Fraguas.

Fraguas (á dereita), con Filgueira Valverde
Fraguas (á dereita), con Filgueira Valverde

En todo caso, quixo subliñar Freixanes nunha rolda de prensa que comezou con media hora de retraso, estamos ante «dous auténticos monumentos da lingua e da literatura galegas», en referencia a Carvalho Calero.  Esta é a sétima vez que o seu nome se cae na votación para elixir ao autor protagonista da festividade celebrada cada 17 de maio dende 1963.

Durante a prolífica traxectoria profesional de Antón Fraguas foi colaborador de La Voz de Galicia. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
15 votos
Comentarios

Antón Fraguas, homenaxeado nas Letras Galegas 2019