La Voz presenta hoxe na Academia o seu libro sobre María Victoria Moreno

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

O volume poderá ser adquirido polo prezo de 1 euro máis o cupón que figura impreso no lombo do diario

15 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Como xa é tradición, La Voz de Galicia súmase cada 17 de maio á celebración do Día das Letras Galegas coa publicación dun libro arredor da figura homenaxeada cada ano. O tomo preséntase en sociedade na sede coruñesa da Real Academia Galega, na rúa Tabernas. Será nun acto hoxe, ás 12.00 horas, dous días antes de que La Voz ofreza este xoves o volume aos seus lectores, que poderán adquirilo polo prezo de 1 euro máis o cupón que figura impreso no lombo do diario. Desta volta a obra aborda a figura de María Victoria Moreno, escritora á que se lle dedica neste 2018 o Día das Letras. Trátase dunha biografía, titulada María Victoria Moreno. A proeza da súa vida e da súa literatura, escrita por Xesús Alonso Montero, moi bo coñecedor da vida e da literatura da autora nacida en Estremadura en 1939. O académico, que trata de «revelar a súa condición espiritual», parte da profunda relación que tiveron as súas familias.