A atleta Ana Peleteiro pide a Apple que facilite o uso do galego

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

PHIL NOBLE | Reuters

«Paréceme moi triste ter que poñer o teclado en portugués para conseguir escribir en galego no meu iPhone... Galego en Apple xa!», publicou na súa conta de Twitter

15 may 2018 . Actualizado a las 12:50 h.

A atleta de Ribeira Ana Peleteiro enviou, a través da súa conta en Twitter, unha mensaxe a Apple para que dea acceso ao galego aos usuarios dos seus produtos. «Paréceme moi triste ter que poñer o teclado en portugués para conseguir escribir en galego no meu iPhone... GALEGO EN APPLE XA!». E rexeita descargar unha app para poder facelo: «Debería estar incluída dentro das lingua oficiais do sistema», di para logo animar a sentirse orgullosos do galego e darlle uso.